Para conmemorar o día Mundial do Clima, realizamos unha actividade que buscaba dar visibilidade e concienciar sobre a importancia que teñen as accións do ser humano na variación climática.
Nos últimos anos anótase un cambio de ritmo acelerado, contribuíndo ao cambio climático e causando condicións adversas para os ciclos naturais que posibilitan a vida na Terra.
Para iso, decidimos poñer o noso gran de area resaltando a importancia da reciclaxe e da compostaxe. A continuación amosámosvos unhas imaxes onde poderedes ver como realizamos esta actividade de xeito correcto. Tomade nota! Cada gran, suma!
