DÍA DA MULLER TRABALLADORA DENDE O CENTRO DE DÍA DE CUNTIS

A participación en actividades relacionadas co momento actual da sociedade, como é neste caso o Día da muller traballadora (8M), crea especial interese para as persoas usuarias, e máis para as mulleres, xa que a parte de axudarlles a orientarse dentro da realidade do momento actual, traballamos as capacidades cognitivas recordando as súas propias experiencias de vida que conmemoran e reivindican todo o acadado neste día tan importante para todas.

Para a celebración deste día, nos días previos levouse a cabo unha recompilación de fotografías (previamente solicitadas ás familias), onde saían as nosas usuarias mulleres e familiares mulleres de todas as persoas usuarias traballando nos seus respectivos oficios, para facer posteriormente unha exposición no centro de día. Tamén elaboraron unha serie de actividades de ergoterapia para adornar a zona da exposición con decoración propia deste día.

Como debate final para pechar o día do 8M, todas as persoas usuarias concordaron en que os tempos foron cambiando para mellor, e que gracias ás mulleres valentes que se defenderon das inxustizas e pelexaron polo seu, hoxe en día se acadou todo o que se ten.

Aquí vos deixamos unhas fotos de todo o realizado!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.