Excursión a Lugo dende o CAMP de Abadín

O pasado mércores 22 de Marzo, un amplo grupo de persoas usuarias do CAMP de Abadín, desprazouse nunha excursión a Lugo co obxectivo de coñecer a Biblioteca Pública, un centro de acceso ao coñecemento, á información e á cultura.

A súa marabillosa Bibliotecaria ensinounos o edificio distribuído en 4 estancias.

Na entrada comprobamos a achega das novas tecnoloxías para a identificación do préstamos de libros.

Nas plantas, botamos un ollo á sección de “lectura accesible” adaptada con letra grande e ilustracións. Observamos a hemeroteca a a sala infantil e tamén nos sentamos nunha sala exclusiva cun importante fondo bibliográfico antigo (Manuscritos y libros de los séculos XVI o XIX), no que nos chamou a atención o exemplar da Constitución Española coas firmas de todos os representantes da norma suprema do ordenamento xurídico.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.