O 21 de marzo celebrase o día internacional da cor, isto debese a que este día se xeran os equinoccios, fenómeno mediante o cal o día e a noite teñen a mesma duración, simbolizando a claridade e a escuridade, a luz e a sombra. Así mesmo, nesta data se inicia a primavera no hemisferio norte e comeza o outono no hemisferio sur, consideradas as estacións mais coloridas do ano.
Todo o que nos rodea está composto por cores de tódalas clases e tonalidades, o que nos proporciona unha imaxe ou percepción visual das cousas ao noso arredor. As cores inflúen notablemente sobre as nosas emocións, actitudes e comportamentos.
Para celebrar este día decídese realizar un encontro coa EIM A Rolada e recibir a visita dos nen@s co fin de levar a cabo unha actividade conxunta coas persoas maiores relacionadas con este día especial. A actividade plantexouse a través da plantel individual da silueta dunha árbore, colocada nunha estrutura de cartón, e unha serie de temperas de diferentes cores para que cada persoa usuaria e cada nen@ a través da interacción conxunta puidesen expresar libremente a súa creatividade, empregando os dedos para dar colorido a esa árbore coas cores que mais lles gusten e agraden.
A actividade tivo unha moi boa acollida tanto para as persoas usuarias como para os nen@s. As persoas usuarias recibiron de moi bo agrado a visita dos nen@s, senten predilección por eles e traen alegría e diversión.
Tanto persoas usuarias e nen@s foron colocados en mesas para a realización da actividade de tal maneira que podían interactuar e axudarse uns aos outros compartindo unha mesma actividade, con idades totalmente distintas, pero moi gratificante para ambos grupos.
2