RECITAL DE POESÍA NO CENTRO DE DÍA DE COSPEITO

Este 21 de marzo festexamos o día da poesía cun recital nas instalacións do centro de día.

Desfrutamos dunha xornada na que o poeta Martiño Maseda, acompañado co guitarrista Luís Teixeiro, nos ofreceron un recital de poesía con acompañamento musical que resultou moi ben acollido.

Martiño recitou poemas de diversa índole, moitos deles adicados a seus pais (usuarios do noso centro) pero tamén á lingua galega, á loita contra a violencia de xénero, á vida no rural… temáticas que calaron moi fondo en todos nós.

Foi unha actividade da que desfrutamos enormemente, e pola que estamos moi agradecidos con Martiño e Luís por abrirnos ás portas ao mundo da poesía.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.