CELEBRACIÓN “DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SANSADURNIÑO

Neste 2023 faise o 186º aniversario do nacemento de Rosalía Castro, nai das nosas letras e unha das grandes referencias históricas e culturais do noso país. Ademais tamén se fan os 160 anos da publicación dos seus “Cantares Gallegos”, primeiro libro integramente en galego que marca o inicio do Rexurdimento da nosa lingua para a literatura.

Dende o Concello de San Sadurniño nos informaron que se lle ía render homenaxe cun acto que tería lugar na mañá do 23 de febreiro, data do aniversario, que se acompañaría da proposta creativa “Letras e cores para Rosalía”. A iniciativa promovida polo Concello convidaba a toda a veciñanza a escribir poemas, frases ou calquera outro texto que lle quixesen dedicar á escritora, ademais de darlle cor a unha lámina deseñada polo artista Juanlu Nacha. Para iso imprimíronse varios centos de follas que se podían recoller na Casa do Concello, na Casa da Cultura e na Biblioteca Municipal. Había que devolvelas escritas e/ou coloreadas o día 22 como moi tarde para expoñelas ao día seguinte cadrando co acto central de tributo á escritora.

Ese xoves 23/02/2023 achegámonos á Casa da Cultura cun grupo de 10 persoas usuarias e varias profesionais para ser participes no homenaxe a Rosalía promovido polo Concello. A actividade tivo moi boa acollida entre as persoas, destacaron o interesante que foi a lectura de poemas e a importancia de que cada quen se exprese como desexa.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.