O CAPM de Cospeito celebra o día de Rosalía de Castro cunha excursión á biblioteca.

Este 23 de febreiro, para conmemorar o día de Rosalía de Castro, acudimos á nova biblioteca rural San Martiño, situada na parroquia de Pino, en Cospeito. Nesta saída visitamos estas instalacións, situadas na escola unitaria, e mesmo algunhas das persoas usuarias decidiron facerse membros da biblioteca e tomar en préstamo libros.

Unha vez vistas as instalacións, recibimos a visita de Alexandra Cabana Outeiro (filla de Darío Xohán Cabana), a cal recitou varios poemas de Rosalía, para seguidamente lernos varios daqueles escritos polo seu pai e compartindo con nós lembranzas da súa vida canda el. Rematamos a xornada cun coloquio sobre as impresións que estas lecturas deixaron nas persoas usuarias, os cales quedaron moi satisfeitos posto que lles axudou a rememorar tempos pasados.

Dende o centro de día agasallamos á biblioteca cun libro de visitas elaborado polas persoas usuarias do centro, para que poidan recoller as firmas de todas aquelas futuras visitas que reciban.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.