“Miña casiña, meu lar”

O centro de día de Rois, centro da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, ten entre as súas actividades, a celebración de datas sinaladas, neste caso a actividade consiste en conmemorar o día de Rosalia de Castro. Estas actividades son do agrado de todos por ser novidosas e especiais.

Coma todos os anos, dende o Concello de Rois póñense en contacto con nós, para participar na iniciativa “O Caldo de Rosalía” que poñen en marcha todos os anos polo día de Rosalía de Castro. As autoridades Manuel Dos Santos, Tenente de Alcalde e Inma Seage do Departamento de Normalización Linguística, visitaron o centro para facer entrega persoalmente dos salvamanteis e dos marcapáxinas para todas as persoas usuarias e profesionais do centro, estes salvamanteis plasman o poema de Rosalía, “miña casiña, meu lar”, e a explicación do mesmo.

Dende ben cedo pola mañá, comézase coa elaboración do caldo galego no centro, varias persoas usuarias participan na elaboración do mesmo.

Fixen un caldo de groria que me soupo que la mar, fixen un bolo do pote que era cousa de envidia”.

Continúase a actividade coa lectura e curiosidades da vida de Rosalía, e posteriormente fanse unhas preguntas sobre a mesma.

  • Foi a primeira muller en Galicia que escribiu sobre o feminismo.
  • O seu nome real era María Rosalía Rita.
  • Hai preto de 300 rúas co seu nome en España…

Dase lectura tamén da explicación do caldo de gloria e de como elaboralo.

E para finalizar coa actividade lese o poema “miña casiña, meu lar”.

Decórase o comedor cos manteis de Rosalia e todos tomamos unha cunquiña de ese caldo de gloria.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.