CELEBRACIÓN “DÍA DO AMOR” DENDE O CENTRO DE DÍA DE SAN SADURNIÑO

Dende o punto de vista popular a festa do día do amor é interpretada como unha oportunidade de celebrar o amor e o agarimo entre as persoas. Esta data resulta de importancia para recordar o amor e o afecto que temos para os nosos seres queridos, así como reforzar as relacións de amizade e amor cara os nosos amigos ou parella.

Con motivo da celebración do día de amor o 14 de febreiro pedíuselle a todas as persoas usuarias e profesionais do centro que escribisen frases, dedicatorias sobre o amor,… para gardar nunha caixiña decorativa, co fin de que a aqueles que lles apetece ese día especial collesen unha e ao lela se sentisen queridos nese día e en todos os días do ano.

Así mesmo promoveuse e axudouse ás propias persoas usuarias a realizar dedicatorias aos seus seres queridos para mostrarlles o seu agarimo e afecto. Dedicatorias que podían levar para os seus domicilios e con elas agasallar aos seus.

Existiu unha boa participación por parte tanto de persoas usuarias como profesionais, participaron activamente os días previos á celebración para encher a caixiña decorativa de frases/dedicatorias significativas e especiais neste día. As persoas usuarias recibiron con moi bo agrado a elaboración das cartas e dedicatorias para os seus seres queridos, a súa familia, os seus netos e bisnetos co fin de agradecerlles o coidado que lles dan, as alegrías durante as xuntanzas, as visitas, os abrazos e a compaña.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.