Celebrar o día de San Valentín dende o CAPM Cuntis

Para celebrar o día de San Valentín dende o CAPM Cuntis, leváronse a cabo dúas actividades, unha foi a elaboración dunhas galletas de manteiga con forma de corazón de diferentes tamaños para agasallar aos seus seres queridos e outra unha decoración específica deste día empregando cartón e fío.

Para a realización das galletas necesitaron:

– 2 ovos

– 2½ cuncas de fariña de trigo (350 gramos)

– 1 culler de esencia de vainilla

– 1 culler de levedo química tipo

– 100 gramos de manteiga

– 1 cunca de azucre (200 gramos)

Para a realización dos adornos, recortaron corazóns de cartón de diferentes formas e tamaños e cubríronos coa fío de diferentes cores. Algúns colgáronse na entrada do centro cun anaco de liña de pesca e a outros pegáronselle pinchos para decorar os centros de mesa.

Foi un día moi produtivo e desfrutárono moito!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.