Decoración de Nadal dende o centro de día de Cambados

A celebración das datas sinaladas é fundamental para diversas esferas dentro da vida das persoas maiores. Fomentan a orientación temporal e espacial, así como tamén, favorecen un ambiente distendido e cálido no Centro de Día, que reforza o papel das persoas maiores e mellora o seu estado de ánimo e autoestima.

Decidimos decorar o centro de día con motivo do nadal para que quedase máis acolledor e que as persoas usuarias se sentisen como no propio fogar.

Entre outros elementos decorativos realizados, elaboramos con botes de melocotóns que tiñamos, macetas para as plantas interiores así como tamén para colocar candeas no interior, ou mesmo simplemente para decorar.

Esta idea gustoulles tanto ás persoas usuarias que decidiron decorar tamén botes de cristal reutilizados e levalos para as súas casas.

Como foi o proceso de elaboración?

  • En primeiro lugar, lavamos ben os botes e secámolos ben
  • Posteriormente, dámoslle unha pintura base para que logo colla ben a cor coa que desexamos pintar
  • Unha vez que estea a pintura ben seca, empregamos panos de mesas que teñan debuxos de nadal (a elección de cada un) e pegámolas nos botes con cola.
  • Continuamos dándolle outra capa para que quede ben axustado o pano de mesa
  • Por último, colocamos lazos, ou restos de puntillas que tiñamos arredor do borde superior

A continuación, ensinámosvos unhas imaxes do proceso de elaboración e o resultado final. Animádevos a realizar estes elementos decorativos!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.