TALLER DE COSTURA FESTIVAL ILUSTRADO DENDE O CENTRO DE DÍA DE FERROL CARANZA

Este ano celebrarase a terceira edición do Festival Ilustrado. O Concello de Ferrol realiza diferentes talleres de costura, especializados en roupa do século XVIIII. Por este motivo centro de día de Ferrol-Caranza realízase un obradoiro de costura todos os xoves de 12:00-13:30 horas. As persoas usuarias que o desexen colaboran na creación de vestuario para a asistencia ao festival Ilustrado de Ferrol 2023, que se desenriolará os días 14,15 e 16 de abril. Actualmente participan 13 persoas usuarias realizando dieferentes prendas; bolsos, sombreiros paraugas… Co obxectivo de que as
persoas maiores sexan suxeitos participantes no festival Ilustrado de Ferrol levanse a cabo estas actividades para realizar ras súas propias creacións e acudir con elas ao festival.
A monitoria Beatriz Sieira, que traballa en diferentes seies, películas e outros festivais ,é a encargada de impartir as clases de costura. Con este proxecto o Concello quere implicar a toda a sociedade ferrolá no festival e convertilo nun referente en Galicia como outras recreacións históricas da comunidade.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.