APRENDIZAXE SOLIDARIA:XIMNASIA RÍTMICA DENDE O CENTRO DE DÍA DE BEGONTE

O proxecto de aprendizaxe solidaria nace coa finalidade de promover a aprendizaxe continuada ó longo do ciclo vital, impulsar a colaboración social e a integración na comunidade. Con estas sesións, contribúese a que o Centro se abra á comunidade para que teña lugar un intercambio xeracional de saberes e coñecementos.

Sesión 25 de Aprendizaxe Solidaria a cargo de catro integrantes do Clube Violeta de Ximnasia Rítmica ( Tania, Ariadne, Ana e Carla) e a súa entrenadora Ana Iglesias. Entre elas están dúas campeonas na súa categoría a nivel galego. Fixeron unha demostración de exercicios de ximnasia rítmica adaptándose o espacio do centro con diferentes aparatos e música.

Como troco solidario recibiron agasallos artesanais elaborados polas persoas usuarias ademais dunha interpretación musical a cargo dunha usuaria e coreografía de baile dunha das integrantes do clube.

13
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.