FORMACIÓN DUNHA HIXIENISTA DENTAL DENDE O CENTRO DE DÍA DE CUNTIS

A importancia da hixiene bucodental nas persoas maiores” dende o CAPM de Cuntis

Manter unha boa hixiene bucodental é importante para a saúde, o benestar e a calidade de vida das persoas en tódalas etapas. Sen embargo, cando as persoas se fan maiores, debido ao uso de próteses dentais, da ausencia de algunha peza dental ou pola posible perda da destreza necesaria para limpar os dentes de maneira eficaz, a necesidade de esta atención dental aumenta, xa que pode repercutir na súa capacidade de avellentar positivamente.

Por todo isto, dende o CAPM Cuntis consideramos necesario facer fincapé neste aspecto e levar a cabo unha charla para as persoas usuarias do centro de día, contando coa participación da hixienista dental cuntiense Marta Maceiras, quen lles ofreceu aos nosos maiores pautas e estratexias para levar a cabo unha correcta hixiene e coidado das súas próteses.

Todas as persoas usuarias quedaron moi agradecidas de que unha especialista no ámbito e ademais veciña do pobo, lles recordase cantas veces ao día e durante canto tempo se deben lavar os dentes, que diferentes utensilios existen para a limpeza bucal, etc.

Foi unha mañá moi agradable e produtiva!

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.