Cada ano, o día 30 de xullo celébrase o día da amizade en todo o planeta. É unha data importante para celebrar, xa que a amizade é un dos sentimentos más fermosos que existen, o cal axuda as persoas a crear vínculos, sentirse acompañado e querido ao longo da súa vida.
A amizade regala moitos momentos bonitos, polo que é importante ter un día no que reflexionar e valorar a amizade.
OBXECTIVOS:
- Reflexionar sobre o sentimento da amizade.
- Traballar a memoria, recordando experiencias coas nosas amizades.
- Fomentar o vínculo da amizade e a socialización, evitando o illamento.
- Estimular a creatividade, mediante a elaboración dun regalo.
METODOLOXÍA:
Todas as persoas usuarias, que queiran participar na actividade, sentaranse na mesma sala, coas cadeiras en círculo. Farase unha exposición oral co documento creado para esta data. Ao rematar a lectura, acompañarase aos usuarios ás mesas, para que elaboren un regalo, a partir dunha manualidade, para regalalo ao amigo ou amiga que queiran.
Este ano, elaboramos unhas chapas, mercando o esqueleto da mesma, e introducindo un feltro da cor escollida por cada persoa, e unha flor ou rama seca.
Cada persoa decidirá tamén a quen lle dará esa chapa. Pode ser de calquera ámbito da súa vida, relacionado ou non co centro de día.
RECURSOS:
– Humanos: enfermeira, para a programación da actividade, e xerocultoras para o seu desenvolvemento.
– Materiais: chapas, tesoiras, pegamento de barra, feltro de cores, e flores ou ramas secas.