OLIMPÍADAS DO MAIOR DENDE O CENTRO DE DÍA DE MUROS

Realizaranse as Olimpíadas durante a celebración da semana do Maior no centro de día. Preténdese con esta iniciativa que todos os usuarios participen e se integren no grupo de iguais.

As probas consistirán en dous bloques: as físicas e as mentais. Intentando sempre potenciar as capacidades dos usuarios e tendo en conta sempre as súas limitacións funcionais e cognitivas.

Os espazos onde se desenvolverán as Olimpíadas, será na sala de actividades do centro, dispoñendo os materiais para a realización de cada proba.

OBXECTIVOS

  • Manter as habilidades físicas e a destreza.
  • Potenciar a competitividade e empatía entre as usuarias.
  • Crear un clima lúdico e festivo no centro.
  • Estimular cognitivamente ás usuarias con retos e probas mentais.

METODOLOXÍA

A metodoloxía será motivadora e pretenderá impulsar a todos á colaboración e creación dun clima positivo, distendido e lúdico. Dividiranse as probas en dúas sesións, unha pola mañá despois da xerontoximnasia (probas físicas) e outra pola tarde (probas mentais). As probas están adaptadas ás limitacións físicas e cognitivas dos usuarios para potenciar a maior participación de todos.

Farase unha celebración de apertura e fin de olimpíadas na que se festexará e brindará polas xornadas lúdicas.

RECURSOS

Materiais: aros, pesas, bolos, caldeiro, picas, taboleiro, rotuladores.

Humanos: educadora e 2 xerocultoras.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.