ELABORACIÓN DE MACETAS AÉREAS CON CÁPSULAS DE CAFÉ DENDE O CENTRO DE DÍA DE MUROS

O traballo manual ten múltiples beneficios. Estimula á persoa a nivel físico, e cognitivo. Axuda a reducir ansiedade, e a estimular a súa propia creatividade. Fanse visibles as súas capacidades, dende unha perspectiva de reforzo positivo. Visualizan a súa “manualidade” ao finalizala, reforzando así o sentimento de realización de si mesmas, e benestar, o que se ve reflectido na súa propia autoestima.

OBXECTIVOS:

Promover o traballo en grupo e pertenza a este.

Estimular a concentración e creatividade.

Manter e estimular psicomotricidade fina

Reducir ansiedade

Preservar a psicomotricidade fina.

Reutilizar material.

METODOLOXÍA: As persoas usuarias, con apoio das xerocultoras e educadora, realizarán macetas (Reutilizaremos cápsulas de café, que previamente se limparán dos pousos do café). Con 3 cabos duns 80 cm cada un dobrados á metade, átanse todos xuntos, coma se fixeramos un chaveiro, para logo, por cada 2 cordas, facerlles un nó. Os 2 cabos anoados pasaranse por cada furado, que se lle fará previamente a cápsula no lateral. Unha vez pasadas todas as cordas polos furados correspondentes, faráselle outro nó na base. A continuación, poñeránselle flores ou herbas secas, cravadas en plastilina, esponxa,…

RECURSOS MATERIAIS: tesoiras, cápsulas de café, flores/ herbas secas, plastilina/ espuma , 3 cordas de 80cms para cada cápsula, Regra.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.