MAGOSTO NO CENTRO DE CULLEREDO

E chegou o Magosto!

E o que nos gusta unha festa….

No Centro de Día de Culleredo celebrámolo por todo o alto, aproveitando a ocasión para celebrar unha xornada de portas abertas chamada O MAGOSTO MÁXICO.

Grazas á colaboración desinteresada do MAGO MARCOS PÍAS e o seu equipo, pasamos unha xornada máxica. Un espectáculo de maxia incrible, que nos deixou a todos coa boca aberta e con ganas de máis. Foi unha función moi entretida, moi dinámica co público, que permitiu ás nosas persoas usuarias e as súas familias desfrutar e participar activamente.

Actuación súper recomendada se queredes pasar un momento incrible, permitindo unha participación activa que permite pasar a ser parte do show!

S E N P A L A B R A S

A xornada completámola cun piscolabis ambientado nesta festividade, con música, baile, e aproveitando para ensinarlle os nosos traballos ás familias e pasar un momento moi agradable xuntos.

Aquí vos deixamos un video dalgúns dos momentos vividos.

https://youtu.be/ZmDCswnsSSE

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*