Celebramos o XII aniverario do CAMP de Begonte

Cada ano, no mes de novembro, celébrase o aniversario da posta en marcha do Centro de Día de Begonte, que comezou a funcionar no 2010. Por mor do XII aniversario do centro tivemos música en directo con seis integrantes de música tradicional (Marcelino, José Luis, Pablo, Delfo, Victor e Pepe) de diferentes concellos e de diferentes idades (un dos integrantes tiña 96 anos). Amenizaron a celebración do aniversario, onde as persoas usuarias bailaron, cantaron, aplaudiron creando un ambiente distentido e de diversión.

O finalizar o concerto fíxose entrega de agasallos artesanais a cada integrante a modo de agradecemento por acudir ao centro de maneira altruista así como se lles convidou a un tentempé.

O día previo á propia celebración tamén realizamos un bingo con agasallos para endulzar estes doce anos de vivencias no centro.

29
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.