Coa chegado do outono, chega a tradición dos magostos. Este ano por fin recuperamos a tan ansiada normalidade. O pasado 14 de outubro celebramos o magosto no centro de día de Ferrol-Caranza con castañas asadas, chocolatada e festa, moita festa coa actuación musical do grupo “Lenda Ártabra”. Nesta celebración participaron, as persoas usuarias, familiares e persoas externas da comunidade.
O magosto está moi presente en Galicia, é parte da nosa historia, cultura e tradición. Soe celebrarse na época das castañas. Concretamente nas dúas primeiras semanas de novembro.
As celebracións extraordinarias motivan e animan ás persoas usuarias, familiares, persoas externas e traballadoras. Os participantes desfrutaron dunha merenda especial amenizada coa actuación musical. Celebramos o magosto bailando, cantando… e creando un ambiente de festa e diversión.


