Undécimo Aniversario do centro de día Ferrol-Caranza

O Centro de día Ferrol-Caranza, iniciou a súa andadura o 21 de outubro de 2011.
Despois de dous anos sen celebración debido a pandemia sanitaria o 3 de novembro celebramos o undécimo aniversario do centro coa actuación da “Rondalla de Brión” que nos deleitou con pezas musicais de gran calidade.
Na celebración participaron, as persoas usuarias, familiares, membros da
comunidade e traballadoras que festexaron o aniversario do centro . Foi unha mañá moi agradable e divertida con un psicolabis especial e un agasallo conmemorativo realizado polas persoas usuarias
Ademais continuaremos con máis actos festivos, xa que mañá celebraremos un encontro interxeneracional cos alumnos do instituto Rodolfo Ucha do barrio de Caranza que acudirán a realizar unha clase de xerontoximnasia musical .
Os Centros de Día definense como centros xerontolóxicos socio-terapéuticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás personas
maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.