CELEBRAMOS O DÍA DO MAIOR NO CENTRO DE VALADARES

O día 1 de outubro, Día Internacional do Maior, é un día moi significativo nos Centros de Atención ás Persoas Maiores. No CAPM de Valadares, co fin de dar visibilidade e brindar o noso apoio, quixemos darlles protagonismo a cada unha das persoas usuarias do centro, recollendo en primeiros planos as súas miradas, as cales reflicten a súa realidade. Durante varias semanas os maiores do centro convertéronse en actores e actrices, sendo partícipes da creación dun vídeo emotivo que reflexa o seu día a día. O resultado do mesmo, foi proxectado na festa levada a cabo coas familias na celebración deste día tan especial.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.