Samaín no CAPM de Cambados. Confeccionando cabazas

A celebración das datas sinaladas é fundamental para diversas esferas dentro da vida das persoas maiores. Fomentan a orientación temporal e espacial, así como tamén, favorecen un ambiente distendido e cálido no centro de día que reforza o papel das persoas maiores e mellora o seu estado de ánimo e autoestima.

Para conmemorar o Samaín, decidimos ambientar o centro confeccionando unhas cabazas con restos de teas que tiñamos e con recheos de coxíns vellos.

Como foi o proceso de confección?

  • En primeiro lugar, collemos un rectángulo de tea e cosémolo polos laterais do revés, de xeito que quede un lado sen coser.
  • Posteriormente, colocamos o rectángulo de tea verticalmente quedando a parte que non se coseu cara arriba, e realizamos un nó na parte inferior do rectángulo.
  • Continuamos dándolle a volta a tea (quedando o nó por dentro), para engadirlle os recheos de coxíns vellos.
  • Cando teñamos todo recheo, facemos outro nó con corda de rafia e comezamos a dividir en seis ou oito partes semellando unha cabaza.
  • Por último, coa corda sobrante enroscámolo polo nó anterior, semellando o rabo da cabaza.

A continuación, ensinámosvos unhas imaxes do proceso de elaboración e o resultado final. Animádevos a realizalas!

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.