Celebración do día das persoas maiores no CAPM Culleredo

o Centro de Día de Culleredo celebramos O Día do Maior por todo o alto.

Preparámonos durante toda a semana deseñando e organizando o guión para a gravación dun vídeo no que realzar e poñer en valor os retos e aportacións das persoas maiores ao conxunto da sociedade.

Chegado o día, iniciamos a celebración co visionado do vídeo, para continuar cunha festa musical, na que tivemos como invitada especial a actuación dunha pandereteira e cantareira, e participamos nunha xornada de Karaoke única, na que cantamos e bailamos.

Como colofón final, tivemos menú especial, e, na merenda, brindamos polo gran valor e significado de ser maior.

Toda escusa é boa para montar unha festa, ¿ non vos parece?

Aquí vos deixamos o video realizado, esperamos que vos guste.

https://youtu.be/muE0Cm56qH4

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.