Usuarios do CAPM de Arteixo visitan a Catedral de Santiago

Este ano no Centro Residencial e Centro de Día de Arteixo decidimos celebrar as festas do Apóstolo e o ano Xacobeo cunha saída a catedral de Santiago de Compostela e a súa contorna. Foi toda unha experiencia: camiñamos, rimos e contamos moitos contos. Había anos que algúns non pasabamos por alí. Despois de visitar a zona vella de Santiago e de escoitar músicos da tradición galega, decidimos ir xantar o noso picnic a Casa da Cultura.

Ademais de visitar Santiago, xa fixemos unha simulación do camiño no
noso xardín e a próxima semana iremos a sesión vermouth e prepararemos unhas tartas de Santiago xa que tamén se celebran as festas do noso pobo, Arteixo, nestas datas.

Esta actividade foi a guinda do pastel a unha semana chea de cultura e folclore. Estamos seguros de que o repetiremos, porque foi unha gran experiencia!



0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.