Para celebrar o Día Nacional de Galiza ou día de Santiago Apóstol, no Centro de Día de Culleredo realizamos unha actividade sobre o Camiño de Santiago. Permitiunos compartir experiencias e coñecementos acerca das tradicións, así como a rememorar unha festividade tan importante para a nosa comunidade. Traballamos a área cognitiva mediante intervencións
arredor desta temática e tamén a nosa condición física, participando no noso particular “Camiño de Santiago”, que consistía en diferentes probas físicas que simulaban as distintas etapas do camiño, as cales debían “superar” para poder proseguir e lograr a ansiada Compostela. Tamén nos permitiu traballar en equipo tomando decisións, elaborando a
decoración e planificando unha festa que como colofón final contou coa colaboración e actuación dun grupo de músicos tradicionais galegos.