O 16 de Xullo celebrouse en A Pobra do Brollón unha feira histórica, é a chamada Feira Guímara, en honor as revoltas guímaras. Houbo actividades durante todo o día, postos de venta, xantar popular, actuacións. Este ano tamén celebraron un concurso de caracterización e estandartes.
Debido a que a feira se celebra en sábado, a participación do centro limitouse ao concurso de estandartes e isto fíxonos voar a imaxinación e a creatividade.
No centro hai varias persoas que gustan dos traballos manuais e concretamente da costura, polo que esta foi a técnica elixida.
Os estandartes expuxéronse uns días antes no centro e logo, o propio día da feira, no campo no que tiña lugar. Desfrutamos moito do proceso, un traballo en equipo entre as expertas costureiras e aprendices traballadoras e quedamos moi satisfeitas co resultado.
3