Os veráns son unha época especial para a rapazada, unha vez finalizado o colexo poden gozar deses proxectos e plans cas amizades, familias e compañeiros que noutras datas non teñen tempo para poder realizar. Así, no verán, os nenos e nenas dos concellos (3 -11 anos) teñen a opción de participar nos campamentos do Concello onde lles ofrencen multitude de actividades. Entre elas está pasar a mañá gozando da compañía das persoas mairores do noso centro de día e do fogar residencial. Os encontros interxeracionais permítennos participar en actividades conxuntas onde a rapazada e os maiores poden desenvolver actividades de ocio dende dúas olladas diferentes.
Con esta actividade perseguimos propiciar vivencias satisfactorias cheas de ilusión, alegría e benestar, fomentar a comunicación e as relaciones persoais entre diferentes xeracións, rachar ca rutinas, fomentar actividades creativas e gozar de tempo de lecer activo e significativo.
Pasamos a mañá gozando da compañía e realizando actividades físicas e de carácter lúdico, como unha xincana de catro actividades nas que
en pequenos grupos ían rotando: “GLOBO-TENIS”, “ESTE
VASO É MEU”, “A MIÑA TORRE É A MAIS ALTA” e “ESTE GLOBO O EXPLOTO EU” .
¡¡ ENTRE RISAS E CONVERSAS PASAMOS UNHA MAÑÁ XENIAL!!