PERCUSIÓN DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

PERCUSIÓN DENDE O CENTRO DE DÍA DE RIBADEO

Dende o centro de día de RIBADEO porpoñen unha actividade musical, de movemento e ritmo ca que buscamos a estimulación transversal de todas as áreas ao mesmo tempo que nos rimos, á vez que desfrutamos .

As cancións axúdannos ca linguaxe e tamén estimulamos a memoria. A música é un alimento fundamental, axúdanos a xestionar as emocións, a expresarnos, a comunicarnos; danos ferramentas para acadar benestar, mellora o noso estado de ánimo

Dímoslle unha compoñente de xogo, engadindo elementos de percusión: percutimos e precisamos coordinarnos para elo como veredes percutimos sobre diferentes cores que están ubicadas en diferentes lugares. O xogo pode facerse cunha man ou con as dúas.

Pode ser un xogo en solitario para o que enviamos unha lenda de ritmos ou unha especie de combate donde unha persoa propón e a outra imita á primeira

Adxuntamos un vídeo explicativo da actividade, algunhas fotografías entre as que poderedes atopar unha proposta de ritmos e tamén o enlace para que escoitedes a canción O galo canta, que é coa que nos iniciamos este Cantaxogos… Pero tedes total liberdade para crear novas combinacións e empregar outras cancións… estaremos esperando as vosas propostas!!!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.