BANDEXAS MONTESORI

Dende o Centro de día de SADA nos cahegan unha intereante idea para traballar cos maiores

Coas bandexas de vida práctica (Montessori) preténdese que o maior sexa o máis independente posible. Con este material entrénanse unha serie de habilidades relacionadas coa coordinación, precisión, autocontrol, autoconcpto, disciplina, concentración, atención, autonomía, orde e tolerancia.

É importante dotar ó maior dun ambiente preparado, axeitado para que reciba os estímulos necesarios para que se exprese e se desenrole. Un mundo real adaptado ás súas necesidades, con obxectos reais da vida cotidiana, sempre dende un contexto real.

Actividades da vida cotía como limpar cristais, regar plantas, barrer, enhebrar unha agulla, poner unha prenda de roupa, trasvasar obxectos, etc., son actividades da vida cotidiana que favorecen a autonomía, a capacidade de observación, coordinación e sentido da orde, independencia e capacidade para valerse por si mesmo.



0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.