Non queríamos recomendar esta actividade sen antes experimentala. Un grupo de persoas usuarias do CAPM de Cuntis decidiron participar nunha saída no tempo de nadal. Entre varias propostas xurdiron os beléns tradicionais, polo que tivemos que adicar unha mañá a investigar se había algún na nosa contorna.
A continuación poñemos a vosa disposición diferentes beléns tradicionais que recomendan na páxina de Turismo de Galicia:
– Belén de Begonte
– Belén artesanal en movemento de Valga
– Belén xigante de Viveiro
– Concurso de Belenismo de Lugo
– Belén de San Fiz de Solovio
– Belén de Baltar
– Belén Familiar de Conxo
No noso caso, finalmente, chegou as nosas oídas que na igrexa de A Estrada tamén había un belén e dada a proximidade foi o gañador. Deixámosvos unhas fotos da nosa experiencia, a cal desfrutamos moito e recomendámola a todos os centros de día para o seguinte nadal!