COLABORACION ENTRE OS CENTROS DE DIA DE TOMIÑO, BAIONA, COIA, VALADARES, PORRIÑO, MONDARIZ, A POBRA, VILAGARCIA DE AROUSA E ROIS.

Os equipos e persoas maiores dos centros de día de Tomiño, Baiona, Vigo – Coia, Vigo – Valadares, Porriño, Mondariz, Vilagarcía de Arousa, A Pobra do Caramiñal e Rois queren felicitarvos o Aninovo dun xeito moi especial este ano.

Unha decena de traballadores/as e persoas usuarias participaron nunha colaboración para crear un vídeo promocional dos centros de día en clave humorística, parodiando un anuncio galego moi famoso, co obxectivo de dar unha visión positiva das persoas maiores dependentes, amosando a súa capacidade de desfrute e o seu sentido do humor, a súa creatividade, a súa capacidade de adaptación fronte ás adversidades, e o ambiente positivo que temos nos centros de día a pesar da situación epidemiolóxica.

FELIZ ANINOVO !!

7
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*