Ao equipo do centro de día de Rois lle comprace compartir coa rede de centros de día unha reportaxe que lle fixeron á súa usuaria máis mediática desde Afundación TV , dona Josefa de Bastavales, pandereteira e cantareira natural de Brión que compartiu escenario con personalidades como Cristina Pato, Mercedes Peón ou Manu Chao durante a súa traxectoria profesional.
Podedes ver no seguinte enlace o capítulo que lle adicou recentemente Rubén Riós na webserie documental “Arrieiros somos”.
3