Amigos por correspondecia dende o CAMP de Baleira

Un ano máis e despois da boa acollida que tivo o ano pasado, aproveitamos a chegada do nadal para poñer de novo en marcha actividade “amigos por correspondecia”, porque…. a quen non lle gustaba abrir o caixa do correo da casa e atopar unha carta dun familiar, amigo,.. felicitando o nadal. Abrir a carta e sentir que alguén pensa en ti mentres a les e experimentar a sensación de sentirte especial.

Este pode ser o inicio dunha amizade… por correspondencia

Esta actividade vai dirixida a centros de maiores de toda Galicia. Os que desexedes participar debedes ter en conta:

– Que son 5 participantes máximo por cada centro. As persoas que participaron o ano pasado volverán a intercambiar cartas coas mesmas persoas, si así o desexan

– Os centros que participen deberán comunicalo ao CAPM de Baleira a través do mail fogaresindecialbaleira@gmail.com

– Unha vez coñecido o número de participantes por cada centro, O CAPM de Baleira coordinará a distribución das cartas, de xeito que os centros emisores saiban a que persoas e centros teñen que dirixir as cartas

– Recomendacións sobre a estrutura e contido da carta, que deberá realizarse co apoio do profesional de referencia si é preciso:

Saúdos da persoa remitente ao destinatario.(personalización da carta)

Identificación do remitente: nome de pila da persoa residente.Identificación e breve descrición do lugar onde se atopa

Contido libre: aficións, como leva a situación da pandemia,…

Felicitación do nadal e do aninovo con desexos para o 2022

Achegar postal de nadal elaborada no centro si é posible

– Os centros que desexen participar deberán comunícalo ao CAPM antes do 20 de decembro

– Data de entrega das cartas, dende o 20 ata o 24 de decembro.

– Lembrade aplicar as medidas anti-covid na elaboración da actividade: Hixiene de mans, máscara, deixar a carta un par de días en cuarentena cando se reciba

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.