FESTA DO MAGOSTO NO CAPM VIGO – VALADARES

Este ano no CAPM Vigo – Valadares, a pesar das medidas preventivas pola pandemia da Covid-19, celebraron ao aire libre unha festa do Magosto coa asistencia dun pequeño grupo de familias.

Desde o comezo da festa estivo o ambiente amenizado por música galega de fondo, comenzando por parte do educador social coa presentación do evento. Tamén deron unhas palabras de benvida a todos os asistentes a súa presidenta Rosa Simón acompañada do vicepresidente Paco e finalizando por unha presentación de todos os profesionais do centro.

A continuación comezou a festa coa actuación do grupo “Tercerilla” do que é integrante o compañeiro Adrián (xerocultor) polo que soaron muiñeiras, xotas, pasodobres, etc… Algúns familiares e usuarios bailaron e os demáis daban palmas. Antes da cata das castañas típicas do Magosto, todos xuntos cantamos “A saia de Carolina” entre risas e bailes nun ambiente moi alegre. A canción foi todo un éxito. Ademáis, proseguiron algúns dos familiares animándose co “Poousa, Pousa, Pousa…”. Houbo castañas asadas e cocidas, para tódolos gustos, e ademais os familiares poideron degustar un “choripan”.

Foi moi agradable volver a facer unha festa no centro! Podedes ver unha mostra no seguinte vídeo:

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.