Con motivo do día Internacional contra a violencia de xénero, os usuarios e persoal quixemos facer un vídeo, no que se ve aos nosos usuarios e usuarias dicindo frases que axudan a detectar o maltrato. Os obxectivos deste vídeo son:
Fomentar o sentimento de pertenza dos nosos usuarios e usuarias
Aportar a experiencia dos nosos usuarios e usuarias no eido das relacións
Dar visibilidade a unha problemática que afecta a todas as idades
Quixemos darlle un tinte positivo, de ahí que escolleramos a canción de A Banda da Loba, Fabricando luz ( falando co grupo previamente, que estiveron encantadas de que utilizasemos a súa canción). Entón, a nosa idea era reflexar, q tanto homes como mulleres formamos parte da solución, e que xuntos poderemos “fabricar” un mundo cheo de luz, onde non teña cabida esta lacra da violencia.
0