CONCURSO “PASAPALABRA” INTERCENTROS DENDE O CENTRO DE DÍA DE VIGO-COIA

O centro de día de Vigo – Coia quere compartir unha iniciativa intercentros de psicoestimulación a través das TIC que se levou a cabo no mes de novembro, a 1ª edición online dun concurso “Pasapalabra Virtual”.

Enviáronse as bases de participación no mes de outubro a través de correo electrónico e finalmente participaron representantes do CAPM Redondela, CAPM Baiona, CAPM Valga, CAPM Tomiño, CAPM Vigo – Coia e CAPM Cuntis. Organizáronse dúas conexións virtuais de 1 hora a través da plataforma dixital gratuita “Webex”, e en cada unha delas participaron 3 centros con 3 persoas usuarias e un profesional cada un. Cada un dos centros tivo unha quenda de xogo onde foron contestando ao “rosco de pasapalabra”. Facendo un cómputo de preguntas acertadas e de tempo de xogo resolveron o gañador de cada concurso.

A pesar dalgunhas dificultades técnicas, puidéronse desenvolver con éxito ambas rondas do concurso cun resultado positivo e motivador para os participantes, dándolle unha finalidade diferente ás conexións por videochamada entre os centros de día da rede de centros de maiores da Xunta de Galicia.

dav
1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.