A NOITE DE SAMAIN NO CENTRO DE DÍA DE BAIONA


Achégase o Samaín, unha festividade de orixe celta que simboliza a fin do verán e o comezo do inverno e que forma parte da tradición máis enraizada e enxebre da nosa terra. Esta tradición milenaria conta que nesta noite é máis doado transitar entre os dous mundos: o dos vivos e o dos mortos… Numerosas lendas e ritos druídas envolven este día, unhas das máis coñecidas son a Santa Compaña, a talla de cabazas, facer fogueiras para espantar aos espíritus, etc…
Desde o CAPM de Baiona non quixeron perder a oportunidade de celebrar este día dun xeito especial, comezando pola ambientación do centro para darlle a benvida a unha xornada “aterradora”. Para iso, as persoas usuarias estiveron traballando arreo na confección de arañas xigantes, morcegos, pantasmas… así como colaborando activamente na súa montaxe.
Aquí podedes ver unha pequena mostra da transformación do centro… Atrevédesvos a entrar?

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.