CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DAS MULLERES RURAIS DENDE O CENTRO DE DIA DE TOMIÑO

Con motivo do “Día Internacional das Mulleres Rurais” hoxe venres 15 de outubro, o centro de día de Tomiño quere amosar a súa colaboración coa OMIX de Tomiño (Oficina Municipal de Infancia e Xuventude) para crear unha exposición de fotografías que estará exposta no mercado de abastos da zona, co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres no ámbito rural e a súa inclusión na nosa sociedade actual.

Podedes desfrutar destas fotografías a través do seguinte vídeo, nas cales participaron algunhas persoas usuarias do centro de día de Tomiño, en colaboración con outras mulleres xoves voluntarias a través da OMIX e do centro de día, e parten da consideración e a posta en valor da historia da nosa sociedade e dos nosos valores; visibilizando, ensalzando e dándolle a merecida importancia á contribución das mulleres e das áreas rurais na aportación económica, social e cultural do noso mundo.

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.