1 de outubro – Día Internacional das Persoas Maiores

Dende o centro de día de Cuntis presentan unha actividade dirixida a calquera persoa que teña interese en debater sobre os valores e dereitos das persoas maiores. Foi creada con motivo da celebración das persoas maiores pero co obxectivo de que se poida empregar en calquera data do ano para empoderar e valorar as persoas maiores.

O obxectivo desta actividade é fomentar o respecto cara as persoas maiores e mellorar a convivencia entre diferentes xeracións.

Para realizar esta actividade é necesario contar cos seguintes elementos:

– PDF con láminas

– Impresora

Esta actividade comeza coa utilización do póster con frases sobre as persoas maiores. A partir deste podemos comezar un debate dicindo se as frases son verdadeiras ou falsas e sacar diferentes temas sobre esta temática. Posteriormente tras chegar a un acordo do grupo ou coa persoa entregarase un diploma acreditativo da actividade, que poderá ser para a propia persoa maior ou para outra persoa participante.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.