Dende o CAPM de Arteixo queremos convidarvos a participar na terceira edición do concurso de 1900. Debido a situación actual do COVID-19, esta festa tan conmemorativa non se celebrará no Concello de Arteixo, polo que precisamos da vosa colaboración para poder celebrar esta festa xuntos.
A idea é presentar diferentes fotografías que plasmen a Galiza de 1900 e que de algún xeito nos trasborden a aqueles momentos.
TEMA
O tema da fotografía será a “Década de 1900”. Poderase presentar por correo electrónico ou en formato físico. A fotografía deberá ser en branco e negro.
PARTICIPANTES
Poderá participar calqueira persoa que así o desexe, presentando un máximo de unha fotografía por centro.
ENVÍOS
As obras achegaranse a través da dirección de correo electrónico: cr.arteixo@utecogamisiad24combina.com en formato JPG, tamén se poden enviar en formato físico, en tamaño 21x30cm (A4) a dirección: Rúa Tambre, nº4- 15142 Arteixo (A Coruña).
As obras achegaranse a través da dirección de correo electrónico: cr.arteixo@utecogamisiad24combina.com en formato JPG, tamén se poden enviar en formato físico, en tamaño 21x30cm (A4) a dirección: Rúa Tambre, nº4- 15142 Arteixo (A Coruña).
PRAZOS
As obras poderanse achegar ata o 22 de outubro. O xurado está composto polas persoas usuarias do Centro de día e Residencial de Arteixo.
VOTACIÓN
A votación realizarase o día 23 de Outubro e notificarase o centro gañador via email. O xurado serán as persoas usuarias do CR Arteixo.
PREMIO
Entregaranse premios as tres mellores fotografías. A decisión do xurado darase a coñecer o 25 de Outubro a través dun Skype realizado con todos os centros participantes.
1