Desde o CAPM Mondariz propoñen unha actividade de laborterapia tratando de favorecer o mantemento das habilidades de precisión, forza e coordinación das mans. Ademais esta actividade manipulativa pode ser moi significativa, motivadora e relaxante para as persoas maiores con diversas capacidades cognitivas. O feito de realizar esta labor de calceta co fin de agasallar a algunha persoa importante das súas vidas resulta unha motivación extra. Só precisamos: lá, agullas de lá e tesoiras.
Vai dirixida a calquera persoa sen límite de idade con coñecementos básicos de calceta, e ten como finalidade:
- Traballar as capacidades manipulativas e de expresión artística
- Favorecer a coordinación ollo-man
- Ocupar o tempo libre dunha forma lúdica e produtiva
Podedes ver un vídeo do desenvolvemento desta actividade así como o resultado final, ou ben ler os pasos a continuación:
“Comezaremos montando os puntos necesarios para facer un retal de texido de lá do tamaño do pé que queiramos, vaise facendo o longo necesario e logo se cose dándolle forma de “pantufla”. Podemos decorar a “pantufla” resultante, ademáis, coséndolle botóns, pompóns ou calquera detalliño que se nos ocorra”.
Nota: a música do vídeo é libre de “copyright”, son grabacións de música tradicional realizada por artistas colaboradores do CAPM Mondariz.
0