Desde o CAPM A Pobra, no mes de setembro organizaron a “I Andaina Virtual: camiños da memoria” para visibilizar o Día Mundial do Alzheimer e outras demencias, coa colaboración dos centros de día de Porto do Son, Tomiño, Coia e Mondariz. A continuación podedes ver un vídeo que amosa o resultado da participación das persoas maiores nos seus centros e contorna. Ao final do mesmo tamén pódese escoitar o seguinte poema anónimo narrado por unha persoa usuaria do CAPM A Pobra:
“Non me pidas que recorde,
non trates de facerme comprender,
solo che pido: deixame descansar,
solo che pido que esteas comigo.
Faime saber que estás aquí e me coidas,
abraza o meu pescozo,
colle a miña man e quédate ao meu lado.
Estou triste, enfermo e perdido.
Necesito que esteas comigo.
Todo o que sei e que che necesito nestos momentos da miña vida.
Non sei como me chamo,
non sei nin quen son,
non sei quen son os meus fillos.
Solo che pido que teñas paciencia comigo.
Non me grites, non chores, non xures,
non podo facer nada co que me pasa.
Non sei nin quen son,
non me acordo de ti nin de min.
Non podo facer nada co que me pasa,
non sei nin quen son,
non me acordo de ti nin de min.
Aínda que intento recordar quen son, non o consigo.
Non entendo, no podo lograr.
Solo che pido que teñas paciencia que non sei nin quen son.
Recorda que che necesito porque non recordo nada de min,
Que todo o mellor de min xa non está.
Non quero que te vaias porque te necesito.
Non me abandones, quédate conmigo.
Quédate o meu lado porque te necesito
Ámame ata o fin da miña vida…”
0