Ao centro de día de Vigo – Coia acuden moitas persoas usuarias cun talento ou destreza especial polo que ao equipo xerontolóxico se lle ocorreu retransmitir en directo para as familias unha gala “Got Talent Senior”, a cal prepararon algunhas persoas con moita motivación e con axuda dos seus profesionais de referencia. O resto de maiores do centro desfrutaron moitísimo as actuacións nun día moi divertido do mes de xuño a pesar das mascarillas e dos grupos “burbulla”.
Se ben é certo que houbo algúns problemas técnicos, graváronse case tódalas actuacións e tamén fíxose o vídeo que se amosa a continuación para enviar a tódalas familias que non puideron ver a retransmisión en directo da gala.
Esperamos que vos guste!!
3