“PENSEI MORRER SEN VOLVER TOCAR O MAR” dende o Centro de día de Rois

O equipo do centro de día de Rois ten entre os seus obxectivos facer partícipes da vida na comunidade e da súa contorna ás persoas maiores, ofrecendo diversas propostas de ocio e contacto coa natureza. Nesta ocasión nos contan a recente saída á praia de Broña, no veciño Concello de Outes, a cal fíxose cun grupo de persoas usuarias ás que lles encanta o lugar.
A saída prometía desde o inicio xa que facía moi bo tempo e atoparon sombra nun pinar para desfrutar do picnic ao mediodía e a auga estaba boa así que entre risas, paseos e xogos transcurriu o día. Durante un dos paseos o señor Conde emocionábase mirando ao mar, comentaba que para el o mar era unha felicidade e que para el estar na auga era sentirse libre, que antes ía moitísimo á praia, incluso se traballaba preto do mar, e non dubidaba en darse un chapuzón alí onde estivera. Durante a xornada recordou cando pasou unha tempada traballando en Vigo e se escapaba para tirarse ao mar entre o traballo e desde que chegaba á praia ata que marchaba, estaba na auga porque para el o contacto co mar non se compara con nada. Sen embargo, desde que lle amputaron unha perna hai dous anos non volvera á praia xa que tiña que depender de que o levaran e no centro sempre comentaba que tiña moita pena de morrer sen volver a tocar o mar.
O equipo non o dubidou un segundo, e enseguida se puxo en marcha para intentar conseguir facer realidade o soño do señor Conde. Falouse coas persoas de protección civil que estaban na praia por si se precisara calquera axuda adicional, buscouse un lugar adaptado para poder baixar a cadeira de rodas e entre varios traballadores e conductores levouse ao señor Conde ao mar. Foi un momento precioso, o señor Conde emocionado repetía sen deixar de chapotear “non sei como agradecelo, pensei morrer sen volver a tocar o mar, gracias, gracias a todos”, “para min hoxe estou na gloria esto non se me vai a olvidar mais”, etc… Todos os presentes reaccionaron de maneira espontánea cun aplauso e bágoas entre os ollos de ver a felicidade que o señor Conde trasmitía; a súa familia que tamén se achegara ata a praia non o podía crer, sabían que era o seu desexo pero non o veían posible.
O equipo do centro de día de Rois comparte a súa reflexión tras esta saída: a veces cun pequeno xesto podemos facer feliz a unha persoa e vale a pena poñer os medios que se precisen para facelo realidade

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.