En Redondela encántanos facer elementos decorativos para o noso centro con eLementos de reciclaxe.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso último obradoiro así como as instrucións para que vos animedes a facelas.
Precisamos:
- Rodas de bicicletas vellas
- Cáscaras de pistachos
- Pinturas de diversas cores (ao gusto)
- Espigas de centeo (ou calquera herba que teñades á man e que vos guste)
- Cola e/ou silicona
Elaboración:
Retiramos o neumático da roda (se aínda o mantén).
Limpamos o aro. Se o aro está en boas condicións podemos empezar a fase de decoración, pero de non ser así, é mellor pasarlle un papel de lixa e pintalo da cor que queirades (nós fixémolo de cor azul) e deixámolo secar.
Por outra banda, separamos as cáscaras dos pistachos e pintámolas (nós empregamos os tons verde e dourado). Unha vez secas, confeccionamos unhas flores con elas, pegándoas cun pouco de silicona pola base.
Por último só queda montar as flores (tanto as que elaboramos como as que recollemos) sobre o aro co deseño que máis vos guste.
Esperamos que pasedes un tempo tan agradable como o que pasamos nós!!!;)
4