Coa chegada da primaveira, chega o bo tempo e a época de sembra. Non podíamos deixar pasar esta oportunidade e dispuxémonos a poñer en marcha o noso obradoiro de horticultura.
Así, puxemos en marcha unas actividades, tanto a nivel físico (atención, motricidade, forza… ) como emocional (darlle valor ao aprendizaxes dos maiores, traballar a reminiscencia, a colaboración coas persoas compañeiras,…)
Primeiramente, decidimos cáles serían as hortalizas a plantar e tras chegar a un consenso elaboramos o noso calendario de sembra, no que os residentes escolleron as hortalizas a prantar e foron indicándonos os meses de sembra de cada unha.
Posteriormente, saímos a comunidade a realizar as compras.