Fai uns días, poidemos disfrutar dunha saída á comunidade, indo de visita ao museo etnográfico da nosa comarca. A viaxe en bus xa foi toda unha experiencia, gozando das paisaxes que temos nesta parte da montaña lucense.
Unha vez chegamos a A Fonsagrada, recibiunos Esperanza, unha das fundadoras do museo, a quen lle estamos moi agradecidos pola súa adicación e por ese gran labor de divulgación da etnografía da comarca.
As persoas residentes non se quedaron atrás e sorprendéronnos contándonos as súas anécdotas e experencias mentres iamos coñecendo as diferentes seccións do museo: a zona da lareira, a escola, os zoqueiros, os teares, a adega, a zona da labranza…
Deste xeito, atopámonos con que todas elas recoñecían e lembraban o son do afiador, o proceso para facer a fariña “peneirando” o millo, identificaban os aparellos de labranza expostos,…
Sen dúbida foi unha grata experiencia que non dubidaremos en volver a repetir, xa que o tempo pasou voando e souponos a pouco.
2