Faladoiro concienciación do dano cerebral adquirido dende o de día fogar residencial de Baleira

O noso concello atópase dentro da ruta do “Camiño primitivo” e dende aquí sae a etapa 9 que levará aos peregrinos ata a cidade de Lugo. Neste contexto do camiño primitivo e coincidindo co ano Xacobeo 2021, son moitas as actividades lúdicas e culturais das que podemos disfrutar no noso concello.

O pasado día 5 de Xullo tivo lugar, no centro sociocultural de Baleira, a charla “Pódese previr o dano cerebral?” organizada pola Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace).

Explicáronnos de forma moi sinxela e amena cales eran os diferentes tipos de dano cerebral que se poden dar, como previlos e como identificalos. Principalmente, centráronse no ictus e nos traumatismos cráneo encefálicos, por ser estes os máis prevalentes.

E se algo nos quedou claro ao finalizar a charla, foi que o importante é chegar ben ao final do camiño e que teremos os ollos abertos para protexernos e tamén protexer as nosas compañeiras do fogar residencial ante calquera síntoma que poidamos sentir ou ver.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.