CONCURSO MUSICAL en conmemoración do 25 xullo dende o Centro de día de Cambados

Esta actividade está indicada para todas as persoas usuarias e centros de día que se animen a participar.

O obxectivo principal, é reforzar as relacións entre os centros de maiores. Tamén, traballar na orientación temporal, promover a musicoterapia e a estimulación cognitiva, entre outros.

Materiais necesarios: ningún

OPCIONAL

Instrumentos musicais

Instrumentos feitos con materiais de refugallo

Elementos sonoros

Proponse realizar un vídeo musical de temática galega, é dicir, que se considere unha canción típica do cancioneiro galego.

Bases:

– Mínimo de participantes por centro son 2 persoas usuarias. Sen máximo.

– O material de acompañamento musical pode ser feito a través de material de refugallo, poden ser instrumentos, pode ser unha canción soando de fondo… é dicir, que o acompañamento é libre.

– A canción ten que ser parte do cancioneiro galego, típico. Pode ser coñecida ou propia do lugar no que viven as persoas usuarias.

– As profesionais do centro poden aparecer acompañando no vídeo ás persoas usuarias.

– 1 vídeo por centro (no caso de varios grupos dentro do centro, pódense enviar no mesmo vídeo xuntos).

– Data límite para envío de vídeos ata o 23 de xullo.

– A duración máxima do vídeo é de 90segundos.

– Envío de vídeos ao correo centrocambados.intervención@amainaesaude.com

– Especificar no asunto “PARTICIPACIÓN 25 XULLO CAPM XXXXX”. No caso de que o vídeo pese moito, poden enviarse a través de enlaces de plataformas como Drive, Dropbox, Youtube…

Decisión de gañadores:

– Cada persoa usuaria do CAPM de Cambados terá un punto, que lle asignará ao vídeo que mais lle guste.

– No caso de empate, será o persoal do centro o encargado de resolvelo.

– Ao CAPM gañador enviaráselle un agasallo realizado polas usuarias do CAPM de Cambados.

– A resolución dos gañadores farase efectiva o 13 de agosto.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*